Publicador de contidos

Publicador de contidos

Saída inminente de Brais Méndez do Celta

Saída inminente de Brais Méndez do Celta

A Real Sociedade pagará entre 14 e 15 millóns de euros sen variables

Foto @RCCelta
G24.gal 04/07/2022 12:06 Última actualización 04/07/2022 12:10

Brais Méndez xa non traballou esta mañá en Afouteza. A Real Sociedade pagará entre 14 e 15 millóns de euros sen variables.

Á espera de que se peche a negociación, Brais pasou o recoñecemento médico para poñerse ás ordes de Coudet o vindeiro luns. O de Mos foi un dos xogadores máis empregados polo adestrador arxentino a temporada pasada (máis de 3.000 minutos e catro goles).

Con Coudet, Brais Méndez experimentou unha gran mellora no seu rendemento. A campaña 20-21 tamén fora brillante, anotara nove goles (o seu mellor rexistro como profesional) en 34 partidos. 

A súa marcha deixaría un oco importante no equipo pero moitos cartos, co cal, a dirección deportiva tería marxe para acometer as numerosas fichaxes que se agardan nas vindeiras semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade