Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sae da UCI a moza transexual que presuntamente guindaron desde a Muralla de Lugo

Sae da UCI a moza transexual que presuntamente guindaron desde a Muralla de Lugo

Evoluciona de xeito favorable en planta no Hospital de Lugo

G24.gal 07/11/2021 18:32

A moza transexual que presuntamente arroxaron desde o adarve da Muralla de Lugo saíu este sábado da UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti e evoluciona favorablemente, ingresada nunha habitación.

Está a recuperarse das fracturas causadas pola caída. Aínda non declarou ante a policía. Os feitos sucederon a semana pasada durante madrugada do domingo. O impacto provocoulle danos internos, rompeu o fémur, dúas vértebras e tamén un dos pulsos.

Non se teme pola súa vida. Sobre o que pasou aquela noite existen moitas incógnitas xa que a muller non puido declarar. Tras as primeiras investigacións a policía cre que un home que ía canda ela empurrouna.

O principal sospeitoso é un home romanés maior de idade e con antecedentes  policiais por agresións e lesións e relacionado tamén en 2014 coa compra dunha nena romanesa que facela a súa esposa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade