Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sae con atraso un tren que cobre a liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio

Sae con atraso un tren que cobre a liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio

O tren partíu da Coruña cunha demora de 40 minutos debido a un pequeno incendio declarado entre dous coches

O convoi tivo que ser temporalmente desaloxado 

 

G24.gal 19/04/2024 11:22 Última actualización 19/04/2024 11:29

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña entre A Coruña e Vigo obrigou a atrasar a saída do servizo desde a estación da cidade herculina durante 40 minutos.

O tren tiña prevista a súa saída ás 09:00 horas deste venres da estación da Coruña con destino a Vigo, pero a declaración dun pequeno incendio obrigou a desaloxar o tren e establecer medios alternativos, segundo trasladaron fontes de Renfe.

O incidente atrasou a saída do servizo, que, finalmente, puido partir da Coruña ás 09:40 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar