Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sacan os restos do xeneral Queipo de Llano da Macarena de Sevilla

Sacan os restos do xeneral Queipo de Llano da Macarena de Sevilla

Bolaños: "España levantouse máis digna e cunha democracia mellor"
 

O vehículo cos restos do xeneral Gonzalo Queipo de Llano sae da Basílica da Macarena, en Sevilla (EFE/Javier Adrián) O vehículo cos restos do xeneral Gonzalo Queipo de Llano sae da Basílica da Macarena, en Sevilla (EFE/Javier Adrián)
G24.gal 03/11/2022 13:09 Última actualización 03/11/2022 18:48

Un coche fúnebre sacou ás 2:20 horas deste xoves os restos mortais do xeneral Gonzalo Queipo de Llano, responsable de 45.000 fusilamentos, do lugar de honra en que estaba enterrado na basílica da Macarena de Sevilla.

Xunto aos restos de Queipo de Llano, o vehículo portaba os restos da esposa do xeneral, Genoveva Martí, enterrada na mesma igrexa, en cuxa porta algúns familiares aplaudiron ao paso do coche fúnebre.

Horas antes, ás 23:51 do mércores, outro coche fúnebre sacou do templo o auditor de guerra e responsable da execución de sentenzas con aplicación de bando de guerra Francisco Bohórquez Vecina, enterrado na basílica sevillana.

As exhumacións fixéronse en cumprimento da nova Lei de memoria histórica e democrática, que entrou en vigor en outubro deste ano e establece que "os restos mortais de dirixentes do golpe militar de 1936 non poderán ser nin permanecer inhumados nun lugar preeminente de acceso público". 

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, afirmou que España levantouse "máis digna" e "cunha democracia mellor" porque "non pode haber ningún lugar de homenaxe a xenocidas".

Incinerado xunto á súa muller

Os restos do xeneral franquista Gonzalo Queipo de Llano, e da súa muller, Genoveva Martí, ademais dos do auditor de guerra Francisco Bohórquez, foron incinerados no tanatorio de Alcalá de Guadaíra (Sevilla) e as cinzas foron entregadas ás familias, segundo informaron fontes da Secretaría de Estado para a Memoria Democrática.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade