Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sábado de inestabilidade atmosférica en Galicia con chuvascadas localmente intensas

Sábado de inestabilidade atmosférica en Galicia con chuvascadas localmente intensas

Hai risco de precipitacións intensas en Lugo, Ourense e Pontevedra con ata 15 litros por metro cadrado

Dezasesis provincias de seis comunidades autónomas teñen risco por chuvias, treboadas ou por fortes ondas

Chuvias en Ourense este venres Chuvias en Ourense este venres
G24.gal 27/05/2023 10:01 Última actualización 27/05/2023 10:18

Esta xornada entra en Galicia aire máis cálido en superficie e mantense o aire frío nas capas altas da atmosfera, polo que vai ser un día de moita inestablidade.

A previsión de MeteoGalicia indica que o sábado comeza con alternancia de nubes e claros, e desde o mediodía haberá chuvascadas localmente fortes con aparello eléctrico e sarabia.

As precipitacións máis intensas aparecerán en Ourense, Lugo e Pontevedra con risco de treboadas con sarabiada.

No resto de España, a DANA mantén o risco alto en Salamanca, Ávila, Cáceres ou Badaxoz e en practicamente todo o centro e o sur da península.

O vento do nordés e do leste soprará con forza 7 con ondas de dous a tres metros e porá en situación de risco a Almería, Murcia ou Alacant.

Segue pois a influencia na Península da baixa que se sitúa ao oeste de Portugal, desde onde envía nubes de evolución e deixa ceos cubertos e as xa mencionadas chuvieiras e treboadas en Galicia con carácter localmente forte.

As temperaturas máximas en Galicia irán dos 26 graos en Santiago e Ourense aos 23 graos na Coruña, e as mínimas sitúanse entre os 16 da Coruña e os 13 de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade