Cargando resultados...
Sábado ás seis da tarde, a cita sobranceira da fin de semana no fútbol galego
O Celta B recibe o Deportivo nun Balaídos que presentará un céspede renovado
O partido será televisado en directo pola G2 e G24.gal
G24.gal
23/09/2022 14:48
Celta B-Deportivo en Balaídos, cun terreo de xogo renovado e perfecto. O partido sobranceiro na nosa comunidade este sábado. O filial do Celta adestra en media hora en Afouteza e o Deportivo fíxoo pola mañá en Abegondo.
E o partido será ás seis da tarde, ofrecido en directo pola G2. O terceiro enfrontamento entre o Celta B e o Deportivo en tres temporadas. Ata o momento, reparto de triunfos. Chega o Celta B tras gañar en Ceuta e co Deportivo sumando sete puntos de nove posibles despois de tres xornadas. Haberá moito ambiente nas bancadas e haberá paixón no terreo de xogo.