Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez reúne a Díaz e Calviño para buscar consenso na recta final das negociacións da reforma laboral

Sánchez reúne a Díaz e Calviño para buscar consenso na recta final das negociacións da reforma laboral

Traballo liderará as conversas con sindicatos e empresarios pero acompañado por outros ministerios do PSOE

G24.gal 02/11/2021 07:54

A cita é ás doce na Moncloa, despois da reunión do Consello de Ministros. Sánchez reúnese coas vicepresidentas primeira e segunda para buscar consenso interno cando entran na recta final das negociacións sobre a reforma laboral. 

A tensión subiu hai dúas semanas despois de que Unidas Podemos denunciase a inxerencia de Calviño nas negociacións.

Finalmente acordaron que Traballo liderará as conversas con sindicatos e empresarios pero acompañado por outros ministerios do PSOE. E agora teñen que entrar en contidos e pactar o alcance dos cambios. A última palabra será a do presidente do Goberno.

Na reunión deste mediodía, ademais de Calviño e Díaz tamén participarán os ministros de Facenda, Educación e Inclusión. E ademais hoxe estrean metodoloxía para negociar cos axentes sociais.

Todos os martes pola tarde haberá unha reunión de secretarios de Estado para fixar a posición do Goberno na negociación dos mércores con sindicatos e patronal.

O acordo cos axentes sociais debería pecharse este mes para despois plasmalo nun decreto lei en decembro e que entre en vigor en xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade