Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez fala de dignidade económica e Gamarra pide cambiar a lei do "só si é si"

Sánchez fala de dignidade económica e Gamarra pide cambiar a lei do "só si é si"

O presidente do Goberno di que o seu proxecto significa "dignidade para os españois" fronte á aposta neoliberal do "sálvese quen poida"

No PP, Cuca Gamarra aposta por reformar xa a lei do "só si é si" e di que Sánchez "non ten un proxecto de país, senón un proxecto de poder"

G24.gal 28/01/2023 15:24 Última actualización 28/01/2023 17:04

Desde as Canarias, Pedro Sánchez explicou que a prioridade do seu Goberno é devolver a dignidade salarial, laboral e en materia de pensións aos españois. Gabouse dos datos de crecemento económico coñecidos onte. Dixo que, fronte a iso, o Partido Popular ve apocalipses a diario e atribúelle un plan oculto para dividir España:

"Din que están en risco a Constitución e logo o que fan é incumprir a Constitución durante catros anos. Logo din: 'Ben, é que realmente o que está en risco é a patria'. Entón convocan unha manifestación en fin de semana e non van".

Desde o PP, Cuca Gamarra sostén que España non aguanta catro anos máis de sanchismo. Asegurou que o se partido ten un plan para protexer a integridade de España e a neutralidade das institucións. Ademais, anunciou que o PP cede os seus votos, malia a soberbia de Sánchez, para cambiar a lei do si é si:

"Están saíndo os delincuentes sexuais ás rúas. Cada día coñecemos máis e máis sentenzas que se revisan, sentenzas que se baixan e delincuentes sexuais depravados que están saíndo ás nosas rúas. E iso non se pode permitir".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade