Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez di que en Cataluña gañou a súa aposta pola convivencia

Pedro Sánchez di que en Cataluña gañou a súa aposta pola convivencia

O líder do PSOE critica o acto de Vox co presidente arxentino Javier Milei

Sinalou que o mércores anunciará o recoñecemento do Estado palestino

Explicou que a proposta de Teresa Ribera para as europeas é a contraria á da "internacional ultradereitista"

 

G24.gal 18/05/2024 14:25 Última actualización 18/05/2024 15:06

Pedro Sánchez celebrou na cidade condal os resultados nos comicios cataláns da man de Salvador Illa e a candidata ás europeas, Teresa Ribera. Para Illa ábrese un tempo de unidade dos cataláns dentro da España plural e diversa.

"Benvidos a unha Cataluña que abriu unha nova etapa", proclamou Illa entre o entusiasmo dun auditorio en pé.

Pedro Sánchez considera que tiña razón ao defender para Cataluña "o perdón fronte ao rancor e a convivencia fronte á confrontación", e estableceu un contraste coas posicións de Feijóo e Abascal.

"Feijóo e Abascal miran ao pasado procès independentista con acordanza. E sabedes por que? Porque cando gaña a convivencia Feijóo e Abascal quedan sen discurso".

As especulacións sobre a demora no recoñecemento do Estado palestino quedaron despexadas na súa intervención.

"Pois claro que vai existir e España vaino recoñecer e vouno anunciar ante as Cortes xerais o vindeiro mércores".

Explicou Sánchez que a ultradereita internacional se reúne estes días en Madrid coa presenza de Milei porque España representa todo o que eles odian: feminismo, dignidade laboral, xustiza social e Estado do benestar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade