Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia ataca con drons unha estación de tren na rexión ucraína de Sumi

Rusia ataca con drons unha estación de tren na rexión ucraína de Sumi

Alcanzou un tren de pasaxeiros e deixou máis de trinta persoas feridas

O tren alcanzado por un dron ruso. VÍA REUTERS
G24.gal 04/10/2025 16:15 Última actualización 04/10/2025 17:17

Rusia atacou este sábado con drons unha estación de tren na localidade de Shostka, na rexión ucraína de Sumi (no noroeste), e causou decenas de feridos, segundo denuncian a Administración Rexional Militar e o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski.

"O inimigo golpeou deliberadamente a infraestrutura civil, impactando un tren de pasaxeiros que cubría a ruta entre Shostka e Kíiv", sinala a Administración Rexional nunha mensaxe de Telegram.

Zelenski cualificou na rede social X o ataque de "salvaxe", e dixo que polo momento hai constancia de polo menos 30 persoas feridas.

Segundo o xefe da Administración Militar Rexional, Oleg Grigórov, no momento do ataque había decenas de persoas no lugar e despois da primeira explosión, un dron sobrevoou a estación impedindo os labores de rescate.

Máis tarde, os rusos lanzaron un segundo ataque. Como consecuencia, oito persoas quedaron feridas, entre elas tres menores. 

"Os rusos non podían ignorar que estaban a atacar civís. E isto é o terror que o mundo non debe ignorar. Cada día Rusia quita vidas. E só a forza pode facer que se deteñan", insistiu Zelenski.

O mandatario insta a Europa e os EUA a pasar das palabras a "accións contundentes" sobre novas sancións a Rusia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade