Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Run baby run', a discriminación de xénero no deporte dende ás táboas

'Run baby run', a discriminación de xénero no deporte dende ás táboas

A obra está proucida polo Centro Dramático Galego, o Teatro Español, Meninas e Proversus

Alba Loureiro, Camila Bossa, Celina Fernández e Daniel Méndez son o elenco da obra

Run baby Run estréase hoxe no Salón Teatro en Santiago con representacións tamén este sábado e domingo  

G24.gal 06/10/2023 14:45 Última actualización 06/10/2023 16:29

Hai deportistas que por non encaixar no patrón do masculino nin do feminino ven truncada a súa carreira. Esa é a cuestión, a da diversidade de xénero, sobre a que xira Run baby Run, unha peza teatral escrita pola valdeorresa Fátima Delgado e que hoxe se estrea no Salón Teatro en Santiago.

Sobre o escenario veremos correndo a peliqueiros xunto a atletas nunha posta en escena con gran protagonismo da música e do movemento. Na dirección está a dramaturga madrileña Jana Pacheco. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos