Cargando resultados...
Rufo: "Hai que ascender directos polo civil ou polo criminal"
Rufo leva seis goles nas últimas sete xornadas e 13 no que vai de temporada
G24.gal
27/04/2022 15:59
O obxectivo do Pontevedra é acadar o ascenso directo. Clave na reacción do equipo, son os goles de Rufo. Na primeira volta, Rufo estivo tres meses no dique seco por unha lesión. Agora está en de sorte e os seus goles situaron o Pontevedra no máis alto.
Leva seis goles nas últimas sete xornadas e 13 no que vai de temporada. Está a cinco do seu mellor rexistro goleador. O seu obxectivo está claro:
"Só penso en ascender e soñar outra vez. Hai que ascender directos polo civil ou polo criminal"