Cargando resultados...
Rueda reivindica a "Galicia do si" na celebración do 25 de Xullo
Dirixentes do PPdeG adiantaron a celebración do Día de Galicia nun acto na fervenza do Toxa, en Silleda
Rueda e outros dirixentes do PPdeG, na fervenza da Toxa
G24.gal
23/07/2025 10:00
O Partido Popular de Galicia adiantou a este martes a celebración do 25 de xullo. O seu líder Alfonso Rueda, os presidentes provinciais, deputados e senadores reuníronse na fervenza do Toxa, en Silleda. Nese acto, Alfonso Rueda reivindicou a Galicia do si que representa o Partido Popular, dixo, como unha terra de futuro que aposta polo talento e as oportunidades. E contrapuxo este modelo aos que defenden o non por sistema.