Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa industria e o emprendemento
Na inauguración da nova sede de Cociñas Santos, en Santiago de Compostela, Rueda puxo en valor o papel das empresas familiares
Santos naceu hai máis de 60 anos en Boqueixón e na actualidade é líder na fabricación de mobles de cociña
O presidente da Xunta de Galicia asistiu este mércores á inauguración da nova sede de Cociñas Santos, unha empresa con máis de 60 anos de historia, líder na fabricación de mobiliario de cociña.
Alfonso Rueda reafirmou o compromiso da Xunta coa industria e o emprendemento e destacou a importancia das fábricas familiares no tecido empresarial galego.
"Poño moito en valor as empresas familiares, hainas en todas partes, pero en Galicia especialmente. Son as empresas que medraron e teñen alicerces sólidos e seguen mirando para adiante, aquí en Galicia son especialmente meritorias", afirmou Rueda.