Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda prevé anunciar o venres a súa decisión de optar a liderar o PPdeG

Rueda prevé anunciar o venres a súa decisión de optar a liderar o PPdeG

Comunicarao ante a xunta directiva provincial do partido en Pontevedra

Os presidentes provinciais do PPdeG amosan o seu apoio a Alfonso Rueda

G24.gal 19/04/2022 18:26

O vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP en Pontevedra Alfonso Rueda evitou de novo anunciar a súa candidatura para presidir o PP galego en substitución de Alberto Núñez Feijóo e defendeu que o partido seguirá “a folla de ruta” marcada, coa vista posta na xunta directiva deste venres, onde podería anunciar a súa decisión de presentarse como candidato para liderar o PPdeG.

En declaracións aos medios en Muíños (Ourense), lembrou que agora se abren uns prazos para que “calquera militante” poida presentarse unha vez convocado o congreso extraordinario , e eludiu dicir se se presentará.

A este respecto, lembrou que este luns se convocou o congreso de Galicia, que seguen "a folla de ruta", e apelou á unidade á hora de facer as cousas con planificación, que é o que considera que están a facer.

Sobre este particular, insistiu en que “calquera anuncio” que faga realizarao “dentro dos órganos do partido” e, a partir de aí, “falará con todos os compañeiros de Galicia”.

“Son presidente do PP en Pontevedra e correspóndeme en primeiro lugar anuncialo aos meus compañeiros alí, e a partir de aí por suposto falar con todos os compañeiros de Galicia e pedirlles humildemente a súa colaboración e o seu apoio", insistiu, nun acto como vicepresidente da Xunta, xunto ao presidente da Deputación de Ourense e líder do PP na provincia Manuel Baltar.

Coa vista posta no congreso, defendeu a liña marcada polo PPdeG, que fixou a cita autonómica para os días 21 e 22 de maio e que demostra, dixo, que "hai unidade" para "facer as cousas ben". "A mellor proba é o nerviosos que se poñen os partidos da oposición", engadiu.

Durante este acto, Rueda aproveitou para agradecer ao presidente do PP ourensán Manuel Baltar, un dos seus máximos apoios neste proceso, a súa “disposición e a súa xenerosidade” á hora de entender que é un proceso que hai que facer "entre todos", sempre “desde a unidade que sempre tivemos e que imos seguir mantendo”, apostilou.

Do mesmo xeito que xa fixo o secretario xeral do PPdeG Miguel Tellado, o vicepresidente primeiro lembrou que o congreso é aberto e, por tanto, “calquera persoa e calquera militante do PPdeG ten todo o dereito a presentarse” e pode “apoiar a quen se presente”.

No seu caso, asegurou que se sente “especialmente honrado e orgulloso” sabendo que todos asumen "unha enorme responsabilidade" á hora de suceder a Feijóo, “un líder indiscutible que levou o PPdeG a cotas de unidade e éxitos electorais enormes”, dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade