Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pon en valor a estabilidade de Galicia

Rueda pon en valor a estabilidade de Galicia

Nun almorzo en Madrid, Alfonso Rueda critica a división do Goberno central en defensa e non cre que a Pedro Sánchez lle interese o apoio do PP

O presidente Alfonso Rueda nun almorzo en Madrid
G24.gal 20/03/2025 19:33 Última actualización 20/03/2025 20:00

Alfonso Rueda asegurou que Yolanda Díaz é quen mellor debilita a Pedro Sánchez. Díxoo en referencia á división do Goberno central en materia de defensa.

Rueda pon en dúbida que Sánchez queira o apoio do PP.

"O presidente do Goberno foi a Europa falar de defensa, cando a metade do seu Goberno non está de acordo co que vai contar alí. Isto é unha loucura, pero está pasando", asegurou.

O presidente da Xunta reivindicou a estabilidade institucional de Galicia.

"Somos unha terra de estabilidade institucional, de estabilidade en xeral, en Galicia non nos pelexamos, non nos encrespamos, dámoslle valor ao día a día tranquilo, ao sentidiño, para facer as cousas e co que estamos vendo isto ten especial importancia, máis cando estamos padecendo o goberno máis inestable da historia", sostivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade