Rueda pídelle a Sánchez que negocie cos médicos para poñer fin a un conflito que afecta os enfermos
O presidente da Xunta participou no XVIII Encontro Médico na Coruña e destacou a calidade do sistema sanitario e os equipos que o compoñen
O doutor Fernando Lamelo Alfonsín foi recoñecido coa medalla de Ouro e Brillantes pola súa traxectoria e compromiso durante a pandemia
O Colexio Oficial de Médicos da Coruña celebrou este sábado o seu encontro anual. O doutor Fernando Lamelo Alfonsín foi recoñecido pola súa labor durante a pandemia. O presidente da Xunta destacou a calidade do noso sistema sanitario e agradeceulle aos profesionais o seu esforzo.
Alfonso Rueda lembrou que Galicia foi pioneira na implantación da historia clínica electrónica e ten o calendario de vacinación máis completo do mundo. Ademais vai ser a primeira en poñer en marcha o su centro de protonterapia.
Rueda pediulle ao Goberno Central que negocie cos médicos o Estatuto Marco para resolver un coflito que afecta a milleiros de pacientes.
"Galicia foi a primeira comunidade onde os responsables públicos manifestamos que esto é unha reivindicación xusta e necesaria e conforme pasa o tempo e vemos a repercusión que ten no sistema sanitario vemos que, a parte de xusta, é necesaria e urxente", asegurou o presidente Rueda.