Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda non descarta tomar medidas adicionais para o Nadal

Rueda non descarta tomar medidas adicionais para o Nadal

O vicepresidente primeiro asegura que entramos nunhas "semanas complicadas" e pide prudencia

G24.gal 28/11/2021 13:31

Ante o incremento da presión hospitalaria, o Goberno galego podería adoptar novas restricións en próximas datas coa vista posta nas festas do Nadal.

"O alto índice de vacinación que existe en Galicia axuda moito, pero imos ver que pasa estes días, sobre todo antes dos eventos que se anuncian polo Nadal. Se fose necesario establecer algunhas restricións, o comité clínico reuniríase, valoraríaas e estableceríanse", adiantou este domingo Alfonso Rueda.

Con todo, de momento, o vicepresidente primeiro chama a cumprir de xeito rigoroso a presentación do certificado COVID na hostalería e todas as normas de protección.

"Polo de agora temos unhas (restricións) que entraron en vigor esta fin de semana. Creo que son moi claras, moi fáciles de cumprir e débense cumprir sen ningunha dúbida".

Rueda asegurou que entramos "nunhas semanas complicadas" e pide prudencia. Segundo dixo, a Xunta vai estar "vixiante".

Satisfeito do cumprimento maioritario da petición do certificado covid nos restaurantes e da limitación de oito comensais por mesas, o vicepresidente advirte que ignorar estas normas ten consecuencias.

"Hai moitas propostas de sancións e sanciónase. Isto vai en beneficio xeral".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos