Rueda exixe abordar o financiamento na Conferencia de Presidentes
O presidente da Xunta critica que Sánchez non permita ás comunidades propoñer temas na orde do día
Pide que se fale de financiamento, de comunicacións, do modelo de enerxía e do control de fronteiras
O Goberno négase a negociar coas comunidades os temas que se van tratar na Conferencia de Presidentes que se vai celebrar dentro dunha semana en Barcelona. Alfonso Rueda critica a cerrazón de Sánchez e pide que se fale de financiamento, do modelo enerxético e do control de fronteiras.
"A Galicia interésalle falar de enerxía, despois de todo o que vimos co apagamento; de comunicacións; de financiamento autonómico e deses menores non acompañados que agora se nos anuncia que se nos van mandar sen ningún tipo de financiamento", explica Rueda.
O presidente da Xunta tamén pide que se cambie o formato para que a xuntanza sexa útil: "un novo formato no que poidamos falarnos e escoitarnos e non só unha sucesión de monólogos".
Ademais, Alfonso Rueda asegura que a convocatoria da Conferencia é unha manobra de Pedro Sánchez para desviar a atención das informacións publicadas arredor das mensaxes de Sánchez co exministro José Luis Ábalos.