José Carlos Díez sobre o cupo catalán: "A maioría dos economistas estamos en contra"
Díez asegura que o modelo de financiamento pactado entre o Goberno e a Generalitat sería desastroso para Galicia
O economista José Carlos Díez analizou no Bos días da TVG o modelo de financiamento pactado entre o Goberno e a Generalitat. Díez afirma que o que se pretende é trasladar a Cataluña o modelo de cota vasca e, ao seu xuízo, replicar este modelo sería desastroso porque o PIB catalán é catro veces superior ao do País Vasco.
O economista entende que para facelo sería preciso acometer unha reforma da Constitución e sinala: "A maioria dos economistas estamos en contra deste modelo. As consecuencias serían desastrosas para España, empeoraría a situación dos españois e dos galegos".
Díez asegura que Pedro Sánchez está traizoando o PSOE tentando impoñer este modelo e considera que o fai para seguir en Moncloa. Confía en que o Congreso finalmente non aprobe esta reforma por maioría simple. "Se o fai", asegura, "teremos que ir a unha rebelión cívica e non aceptar este trágala de Pedro Sánchez".