Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda di que a gratuidade en infantil sitúa a Galicia líder en escolarización

Rueda di que a gratuidade en infantil sitúa a Galicia líder en escolarización

O presidente da Xunta di que a aposta da Xunta pola educación gratuíta permite poñer Galicia ao nivel de Suecia ou Dinamarca

G24.gal 10/07/2025 14:37

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca o liderado de Galicia na escolarización de nenos e nenas de 0 a 3 anos, que acada unha taxa do 65 %, quince puntos por riba da media estatal. Nunha visita a unha escola infantil de Bertamiráns (Ames), o xefe do Goberno galego destacou que esta cifra é posible grazas á educación infantil gratuíta, na que Galicia, lembrou é pioneira en España.

Este é o terceiro curso da implantación desta medida, da que se beneficiaron este ano 32.000 familias. Alfonso Rueda di que a aposta da Xunta pola educación gratuíta, que agora se estende á universidade, permite poñer Galicia ao nivel de Suecia ou Dinamarca e salienta outras iniciativas do seu Goberno de impulso á demografía, como a Tarxeta Benvida ou o Bono Concilia.

O presidente subliñou que a Xunta destaca 65 millóns de euros de fondos propios cada ano a manter a gratuidade nas escolas infantís. E lembrou que esta medida permítelles ás familias aforrar máis de 3.000 euros ao ano por fillo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade