Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca o papel da Policía Local no Xacobeo 2027

Rueda destaca o papel da Policía Local no Xacobeo 2027

Alfonso Rueda presidiu o acto de homenaxe aos corpos da Policía Local na Estrada

O presidente da Xunta di que os axentes están preparados para desenvolver accións cada vez máis difíciles

Por primeira vez na traxectoria da Policía Local de Galicia, o 20 % dos novos axentes graduados son mulleres

G24.gal 09/10/2026 14:05

Iago é un dos 108 novos axentes da Policía Local de Galicia que acaban de graduarse. Asegura que comezan unha nova etapa con ilusión e responsabilidade: "Todos queriamos vestir este uniforme azul. E con esa decisión tamén compartimos os valores de responsabilidade, integridade e respecto".

Alfonso Rueda eloxiou o papel da Policía Local e destacou a súa importancia para garantir a seguridade durante o Xacobeo 2027: "Imos ter grandes acontecementos e concentracións, e fan falta profesionais ben preparados para que todo saia como ten que saír, con seguridade e éxito. Galicia Calidade tamén é seguridade".

Por primeira vez máis do 20 % dos alumnos graduados son mulleres. No acto tamén se rendeu homenaxe a outros 150 axentes que destacaron pola súa traxectoria no corpo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade