Rueda confía en que as xestións para que o papa visite Galicia en 2027 "frutifiquen": "Eu non renuncio"
Rueda confía en que as xestións para que o papa visite Galicia en 2027 "frutifiquen": "Eu non renuncio"
"Sería unha grande noticia que o Papa estea o ano Xacobeo aquí", reafirmou, manifestando a súa confianza nos "contactos e xestións" que se están realizando "da man das autoridades eclesiásticas"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que confía en que os contactos e xestións para que o papa León XIV visite Galicia o próximo ano "frutifiquen".
En conferencia de prensa tras a reunión semanal do Consello da Xunta, o titular do Goberno galego destacou que estes días vese "o enorme poder de convocatoria" do pontífice, algo que, na súa opinión, "é bo como sociedade", para falar de "valores que nos fan un pouco mellor a todos".
Sobre unha posible visita a Galicia coincidindo co Xacobeo, Rueda manifestou a súa confianza nos "contactos e xestións" que se están realizando "da man das autoridades eclesiásticas".
"Sería unha grande noticia que o papa estea o ano Xacobeo aquí", reafirmou.
En todo caso, recoñeceu que "non é sinxelo", tendo en conta a extensión da viaxe que realiza León XIV estes días en España, pero asegurou que el "non renuncia".
"Por intentalo non vai ser e creo que sería unha magnífica noticia", insistiu.