Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda compromete o apoio da Xunta a Pontevedra "pase o que pase con Ence"

Rueda compromete o apoio da Xunta a Pontevedra "pase o que pase con Ence"

O presidente da Xunta di que a cidade non pode permitirse ser "unha especie de illa sen empresas"

Conta atrás para coñecer a sentenza do Supremo sobre os recursos da pasteira

G24.gal 06/02/2023 13:15 Última actualización 06/02/2023 16:13

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que o Goberno galego "fará todo o posible, pase o que pase, para que Pontevedra teña futuro", cando se dea a coñecer a decisión do Tribunal Supremo sobre os recursos presentados por Ence ás sentenzas que anulan a prórroga á concesión da súa fábrica, prevista para este martes.

Nun almorzo informativo con empresarios en Pontevedra, Rueda dixo que "lle preocupa que o Goberno central recoñeza agora que non ten plan B" se a sentenza é negativa para a pasteira. O presidente da Xunta di que a cidade non pode permitirse ser "unha especie de illa sen empresas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade