Rueda aposta pola concentración parcelaria como motor do desenvolvemento rural galego
O presidente da Xunta asegura que Galicia calidade tamén é que os propietarios que decidan sacarlles proveito ás terras o poidan facer
A Xunta destina este ano 14 millóns de euros para novas concentracións parcelarias
Máis de 18.000 propietarios de terras beneficiáronse da concentración parcelaria en Galicia nos últimos cinco anos. Este mércores o presidente da Xunta entregou os títulos de propiedade a máis de 900 veciños do concello de Oroso.
Alfonso Rueda destacou a importancia de concentrar e ordenar as terras no rural galego para que sexan produtivas.
"Galicia Calidade non é só ter cidades con moitos servizos, estradas ben conectadas, bos hospitais, senón tamén que no rural haxa futuro e que os propietarios de terras, se deciden sacarlles un proveito, o poidan facer, e non que o minifundio que temos en Galicia tradicionalmente o faga imposible", afirmou Rueda.
Este ano, a Xunta vai investir 14 millóns de euros nas concentracións parcelarias.