Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente do Goberno insiste en que esgotará a lexislatura malia o bloqueo de Junts

O presidente do Goberno insiste en que esgotará a lexislatura malia o bloqueo de Junts

Pedro Sánchez mantén a intención de chegar a 2027 aínda que non teñan orzamentos novos

Junts insiste en que a ruptura co Goberno é irreversible: "Non hai marcha atrás"

O presidente do Goberno participa no Cumio do Clima no Brasil. Reuters.
G24.gal 07/11/2025 17:18 Última actualización 07/11/2025 18:23

O presidente do Goberno reiterou que esgotará a lexislatura e chegará ata o ano 2027 a pesar de que Junts formalizou a súa ruptura co Goberno, o que lle impedirá sacar adiante calquera iniciativa.

Segundo dixo, seguirá gobernando con ou sen novos presupostos xerais do Estado. Nunha conferencia de prensa tras participar no Cumio do Clima (COP30) en Belém (Brasil) asegurou que se toma "moi en serio" as palabras de Junts, pero España está a vivir "un dos seus mellores momentos" do último medio século en canto a crecemento económico e creación de emprego e por tanto "merece a pena" continuar.

"Eu tomo moi en serio o que din os grupos parlamentarios, pero creo que o esforzo merece a pena e que debemos perseverar neste empeño porque os resultados están aí. España está a atravesar un dos seus mellores momentos desde hai 45 anos a esta parte", asegurou.

Nese sentido, o xefe do Executivo asegurou que "con novos orzamentos ou sen novos orzamentos" seguirá avanzando e continuará coa súa "folla de ruta" ata esgotar a lexislatura no ano 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade