Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda anima os empresarios a patrocinar o Xacobeo 2027

Rueda anima os empresarios a patrocinar o Xacobeo 2027

Rueda urxe o Goberno central a concretar os beneficios fiscais que terán os patrocinadores

G24.gal 03/02/2026 15:21

A economía dá signos de esgotamento, aquí en Galicia o Xacobeo 2027 pode servir como escudo fronte a unha posible desaceleración. A once meses para que comece, a Xunta de Galicia anima os empresarios a converterse en patrocinadores do Ano Santo.

Un comité de expertos seleccionará os eventos que axudarán a promover Galicia. Búscase fomentar a colaboración pública e privada. As empresas que participen verán reforzada a súa proxección internacional. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agarda que o próximo Xacobeo traspase fronteiras e exerza de motor económico de Galicia. 

"Aquí estamos pensando desde os grandes eventos, que ten que habelos, ata os máis pequenos, que chegan a todos os recunchos, e que teñen cabida e poden ser financiados e amparados. E todo o mundo é obxectivo. Esperamos que nos visiten persoas de todo o mundo", dixo Rueda.

Rueda urxe o Goberno Central a concretar os beneficios fiscais que terán os patrocinadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade