Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubiales perdería 925.761 euros en ingresos pola suspensión do cargo

Rubiales perdería 925.761 euros en ingresos pola suspensión do cargo

É o resultado da a suma do seu salario como presidente da Federación, os 36.000 euros anuais da axuda a vivenda, máis os 250.000 euros da UEFA

G24.gal 29/08/2023 15:36 Última actualización 29/08/2023 15:40

A saída de Luís Rubiales como presidente da Real Federación Española de Fútbol conlevaría a perda total de 925.761,81 euros nos seus ingresos brutos, entre a suma do seu salario como presidente da Federación -675.761,87-, os 36.000 euros anuais da axuda a vivenda, máis os 250.000 euros que mantiña por ser vicepresidente e membro do comité executivo da UEFA.

Os últimos datos publicados na pestana de transparencia da RFEF relativos á retribución do presidente apuntan a unha cantidade bruta total en 2021 de 634.518,19 euros, cifra neta de 339.237,12 euros, á marxe do percibido pola UEFA, na que é vicepresidente desde 2019.

Esta cifra actualizada a 2022, coa subida do IPC dun 6,5 por cento, eleva os seus emolumentos a 675.761,87 euros. Segundo puido saber EFE o seu salario anual na UEFA é de 250.000 euros brutos, cantidade que podería perder igualmente se cesase nesas funcións. En FIFA, Luís Rubiales non tiña cargo algún.

A Asemblea da RFEF aprobou en maio de 2022 un novo sistema para a remuneración de Luís Rubiales como presidente con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro dese ano. Entón pasou a ter un salario fixo máis o IPC, en lugar dun fixo e unhas variables en función do éxito económico, baseado nunha porcentaxe dos ingresos dos novos patrocinadores, como fora ata a data, tras as suspicacias xeradas polo "caso Supercopa".

Tamén se acordou reducir a axuda de vivenda ao presidente a 3.000 euros brutos ao mes (1.650 netos) e o tesoureiro da RFEF, Eduardo Bandrés, precisou que o novo sistema supoñía unha redución duns 50.000 euros anuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade