Rubén Fernández queda a un paso do podio no Trentino
Boas prestacións do piloto galego, que lamentou un erro na primeira carreira do domingo que lle custou unha praza entre os tres mellores
O piloto vigués Rubén Fernández amosou unhas boas prestacións do Grande Premio do Trentino pero non puido lograr un posto entre os tres primeiros. Faltoulle moi pouco, tan só un erro na primeira carreira, evitou que lograse a puntuación suficiente.
O gañador foi Tim Gajser que encadeou dous triunfos. A súa sombra durante toda a fin de semana, Romain Febvre, acabou asumindo o segundo posto ao estar nas dúas carreiras un pequeno paso por detrás do esloveno. A terceira posición estivo moito máis discutida. Rubén Fernández realizou unha gran segunda carreira na que marcou o mellor tempo de saída e rematou na cuarta praza. Mágoa que na primeira carreira se fose ao chan cando rodaba na sexta posición e a remontada non chegase para subir un par de posicións máis que lle terían dado o terceiro posto final.
