Rubén de la Barrera dirixirá esta tarde o seu primeiro adestramento co Deportivo
Como segundo adestrador únese ao proxecto Fran Noguerol
O seu primeiro adestramento será mañá pola tarde en Riazor

Rubén de la Barrera converteuse hoxe en novo adestrador do R. C. Deportivo por segunda ocasión na súa carreira e farase cargo do equipo desde o adestramento de mañá mércores en Riazor e ata o final da próxima temporada.
Como na súa anterior etapa, xunto ao coruñés incorpórase ao corpo técnico do primeiro equipo Julio Hernando como preparador físico. No seu caso, regresa deste xeito por terceira ocasión á de responsable da parcela física do primeiro equipo branquiazul, como fixera durante tres campañas (2016-2019), ademais do anterior ciclo con de la Barrera (xaneiro-xuño de 2021).
Como segundo adestrador únese ao proxecto Fran Noguerol, que xa realizou a mesma función xunto a Rubén na súa última experiencia profesional en Albacete, , ademáis da incorporación ao equipo de traballo de Abel Mourelo.
De la Barrera iniciou a súa carreira como técnico no C. D. Villaralbo en Terceira División con 25 anos após pasar por diferentes equipos de formación do fútbol afeccionado coruñés. O C. D. Guijuelo (2013-2014 e 2015-2016) abriulle as portas da Segunda B, adestrando entremedias ao filial do Real Valladolid. A súa experiencia máis prolongada foi á fronte da Cultural e Deportiva Leonesa, con 91 partidos e un histórico ascenso a Segunda División.
Após o seu paso por León foi durante media temporada segundo adestrador da Real Sociedad antes de volver situarse á cabeza dun corpo técnico no Ao-Ahli SC durante 17 encontros e esta temporada no FC Viitorul romanés durante 12 partidos.
Ao RC Deportivo dirixiuno, até o momento, en 15 partidos, con 7 vitorias, 3 empates e 5 derrotas no último ano da extinta Segunda B e nun formato de competición unicamente desenvolvido aquela temporada.
A pasada campaña dirixiu ao Albacete Balompié en Primeira RFEF durante 42 partidos (22 vitorias, 10 empates e 10 derrotas), o último, o da final do Playoff de Ascenso a Segunda que gañou cos manchegos en Riazor ante o Deportivo.