Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban pesos e halteres no campo de fútbol de Chantada

Rouban pesos e halteres no campo de fútbol de Chantada

O valor dos material subtraído no ximnasio é duns 600 euros

Félix Aragunde 29/03/2022 13:51

Os técnicos da Sociedade Deportiva Chantada levaron unha desagradable sorpresa cando accederon ás súas instalacións no campo do Sangoñedo tras a fin de semana. Topáronse con que a porta estaba forzada e botaron en falta diverso material do ximnasio, como pesos e halteres

Mercedes Arias, presidenta do S. D. Chantada: "Un compañeiro noso do corpo técnico veu aquí, topou a porta forzada e chamou a Garda Civil. Entón entraron e comprobaron que estivera alguén dentro. Levaron simplemente uns pesos e uns halteres. O peor é o disgusto que levamos".

O club de fútbol chantadino xa presentou a correspondente denuncia no cuartel da Garda Civil, que investiga agora estes feitos. Valoran o material subtraído nuns 600 euros, ao que hai que engadir os danos nas instalacións, que son de propiedade municipal.

Mercedes Arias, presidenta do S. D. Chantada: "Veño do cuartel, de poñer unha denuncia. O valor do que puideron subtraer é duns 600 euros. Ademais, hai uns danos dos que se fará cargo o Concello, que é dono das instalacións".

Días antes, tamén botaran en falta pesos e halteres no pavillón municipal de Chantada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade