Rouban nun bar da Coruña a escasos metros da Policía Nacional e Garda Civil de Lonzas
O subtraído ascende a uns 2.000 euros
É o segundo roubo coas mesmas características en apenas cinco meses
Foi un roubo un tanto sorprendente na Coruña. Non tanto polo escenario, un bar, senón pola localización do negocio: está situado a escasos metros das dependencias da Policía Nacional e da Garda Civil de Lonzas, na Coruña.
Aproveitando a escuridade da noite e tamén a da rúa, xa que dous farois están fundidos, os ladróns accederon ao interior a través do xardín. Unha vez dentro, foron directos ao que lles interesaba: cartos e material. Todo ascende a uns dous mil euros.
É o segundo roubo coas mesmas características que sofre a propietaria do bar Fechorías en apenas cinco meses. Ela xa denunciou os feitos e agora os axentes xa os investigan para poder dar co paradoiro dos ladróns.