Rouba nunha froitería de Ourense tras rebentar o escaparate cunha tapa de sumidoiro
A Policía local detivo o suposto autor a poucos metros con máis de 200 euros
En Ourense, esta madrugada roubaron nunha froitería do barrio da Ponte, ocasionando importantes danos materiais.
O ladrón retirou unha tapa da rede de sumidoiros e lanzouna contra o escaparate da froitería. Escachou o cristal, entrou no establecemento e tentou levar o caixón dos cartos.
O dono limpaba e tentaba reparar os danos esta mañá antes de abrir ao público. Asegura que non é o único establecemento que roubaron nas últimas semanas, xa son varios no barrio e os dependentes séntense inseguros e impotentes ante esta vaga de roubos.
A Policía Local logrou deter o suposto ladrón minutos despois do suceso nunha rúa próxima.
O detido tiña os cartos gardados, máis de 200 euros.
Arestora está en dependencias xudiciais á espera do paso a disposición xudicial que se prevé nas próximas horas. Ten numerosos antecedentes penais por numerosos roubos con forza, investigan se é a mesma persoa a que roubou nos demais establecementos do barrio e en varios vehículos.