Rota a negociación entre o Compostela e Jota Peleteiro
Segundo a nota de prensa facilitada por Rammalloc, foi a xunta directiva que acompaña a Quinteiro a que decidiu "non asinar no momento da firma do contrato"
A empresa Rammalloc Sports, presidida polo xogador da Pobra Jota Peleteiro, sacou un comunicado no que anunciou o fracaso na compra da Sociedade Deportiva Compostela. Unha operación na que se levaba traballando varios meses e na que había un acordo verbal entre as dúas partes que só faltaba asinalo.
Segundo a nota de prensa facilitada por Rammalloc, foi a xunta directiva que acompaña a Quinteiro a que decidiu "non asinar no momento da firma do contrato". Recoñece que esta situación sorprendeu tanto a Jota Peleteiro como a Antonio Quinteiro "xa que en todo momento o acordo entre ámbalas partes se realizara de xeito unánime".
Jota acusou a Manu Castiñeiras, director deportivo do Compostela, de protexer aos seus amigos. Castiñeiras non percibiu nada especial do proxecto de Jota Peleteiro.
Castiñeiras: "Di que fago as cousas por amizade e dei a baixa a Saro e Jimmy que son amigos"
