Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rosende di que o Deportivo buscou potenciar a experiencia no mercado de inverno

Rosende di que o Deportivo buscou potenciar a experiencia no mercado de inverno

Asegurou que Quiles seguirá no Deportivo en caso de ascenso

G24.gal 01/02/2023 12:56 Última actualización 01/02/2023 15:46

Un equipo máis experimentado, de cara ao desafío que o espera. Así saíu o cadro do Deportivo do mercado de inverno, segundo sinalou o secretario técnico Carlos Rosende, que incidiu na competitividade a domicilio e a procura de solucións para aqueles xogadores con menos minutos ata o de agora como os dous motores que impulsaron os nove movementos, entre entradas (Lucas, Lebedenko, Saverio, Pepe Sánchez e Arturo) e saídas (Santamaría, Celeiro, Retuerta e Narro), que o club levou a cabo neste mes:

"No verán asinamos a xente experimentada en perfil defensivo como Martínez ou Raúl. Buscamos potenciar iso neste mercado, pero o equipo perfecto é moi difícil", explicou.

Rosende engadiu que a saída de Narro desencadeouse nas últimas horas de mercado debido á escasa participación do xogador e o forte interese do Baleares, á vez que se referiu á chegada de Arturo como un bo complemento aos outros atacantes que había.

Respecto diso do futuro de Quiles, asegurou que o goleador seguirá no Deportivo en caso de ascenso, e defendeu a capacidade de Zalazar para dar a volta aos asubíos que lle dedica a afección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade