Roger Riera: " Brais Méndez é un xogador diferencial"
Roger Riera: " Brais Méndez é un xogador diferencial"
O exxogador do filial do Celta enfrontarase o seu antigo club esta noite na Copa do Rei
O xogador do Andorra avisa dos perigos do equipo do Principado
Recoñece que viviu no Celta unha época marabillosa da súa carreira futbolística
O Celta buscará esta noite o pase aos dezaseisavos de final da Copa do Rei no estadio nacional de Andorra ante o equipo local. No conxunto pirenaico un xogador que pasou polo filial celeste, Roger Riera, que onte xogou 'Ao contraataque':
"O estadio onde se disputa o partido é onde xoga a selección. Hai pouco xogou Inglaterra e puidéronse adaptar. Entendo que non é o mesmo pero está perfecto para xogar. Chegamos nun moi bo momento. No mellor da temporada. Con moi ilusión por facer unha boa Copa do Rei"
O catalán tamén valorou o que foi a súa etapa no cadro vigués:
"Todo o que teño son boas lembranzas. Do club, da cidade, das amizades... Soamente palabras de agradecemento. Brais é un xogador con moitísima calidade e con moita personalidade. Xa viamos que era un xogador distinto e diferencial"