Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodrigo Corrales está convocado para o dobre partido fronte a Serbia

Rodrigo Corrales está convocado para o dobre partido fronte a Serbia

O primeiro partido será o mércores 8 de maio ás 21:00 horas no Lalín Area

Os Hispanos iniciarán a concentración o domingo 5 de maio en Santiago de Compostela

G24.gal 30/04/2024 13:10 Última actualización 30/04/2024 13:14

Rodrigo Corrales está na lista de convocados dos Hispanos para o dobre compromiso fronte a Serbia para conseguir a clasificación para o Campionato do Mundo de 2025 que se celebrará en Croacia, Dinamarca e Noruega.

O primeiro destes dous encontros fronte á selección de Serbia será o mércores 8 de maio ás 21:00 horas no Lalín Area do municipio de Lalín (Pontevedra) e o partido de volta será o domingo 12 de maio no Spens Area da cidade serbia de Novi Sad, ás 17:00 horas da tarde.

Os Hispanos iniciarán a concentración o domingo 5 de maio en Santiago de Compostela onde buscarán lograr o billete para o Mundial de 2025, que se disputará do 14 de xaneiro ao 2 de febreiro do próximo ano entre Croacia, Dinamarca e Noruega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade