Cargando resultados...
Rodri "Damos por bo o empate"
O adestrador compostelanista analiza o derbi ante o Pontevedra CF

G24.gal
23/01/2022 20:06
Tras ir por debaixo no marcador gran parte do encontro, o Compostela foi quen de empatar o encontro ante o Pontevedra. O seu técnico Rodri Veiga atendeu ao Galicia en Goles na zona mixta do Vero Boquete para avaliar o resultado final.
"Foi un partido igualado. de rivalidade, bonito para o espectador. Ao comezo do partido todos queremos gañar pero tras valorar todo, ao final, teño que dar por bo o resultado. O partido fíxose longo, tiveron máis ocasións que nós. Soubemos agarrarnos ao partido e sacar algo positivo."