Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roberto do Viso, detido de novo como presunto autor dun roubo en Ribeira

Roberto do Viso, detido de novo como presunto autor dun roubo en Ribeira

Acúsano de roubarlle o bolso a unha señora de 74 anos polo método do tirón 

Estaba en busca e captura por incumprir a orde de afastamento da súa irmá

 

G24.gal 02/04/2024 14:07

A policía detivo en Ribeira un delincuente reincidente que lle roubou o bolso a unha muller. O ladrón estaba en busca en captura. Trátase do coñecido popularmente como Roberto do Viso, acababa de saír de prisión e xa tiña unha orde de busca e captura por achegarse ao domicilio da súa irmá, da que ten unha orde de afastamento.

Pero o que finalmente desencadeou a súa detención foi o roubo dun bolso a unha señora de 74 anos polo método do tirón. Sucedeu o domingo na rúa Cervantes de Ribeira, e dúas testemuñas dos feitos facilitaron que a policía dera con el.

Roberto do Viso é un delincuente reincidente cun amplo historial de roubos, lesións e mesmo tráfico de drogas. Agora permanece arrestado no calabozo da comisaría da Policía Nacional de Ribeira. Está previsto que o paso a disposición xudicial se produza mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade