Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ristic adéstrase co grupo e podería reaparecer nas Palmas

Ristic adéstrase co grupo e podería reaparecer nas Palmas

O lateral esquerdo do Celta lesionouse no quecemento previo ao debut ligueiro contra o Deportivo Alavés

G24.gal 02/10/2024 11:07 Última actualización 02/10/2024 11:12

O internacional serbio Mihailo Ristic entrou na última fase da súa recuperación coa súa reincorporación aos adestramentos co grupo, polo que podería ser a gran novidade na convocatoria de Claudio Giráldez para o partido da fin de semana contra a U. D. As Palmas.

O lateral esquerdo do Celta lesionouse no quecemento previo ao debut ligueiro contra o Deportivo Alavés, tras o cal lle diagnosticaron unha lesión muscular no xemelgo interno dereito.

Mes e medio despois de caer lesionado, Ristic xa traballa ao mesmo ritmo que os seus compañeiros, polo que agora deberá decidir Giráldez se o inclúe na convocatoria ou espera ao duelo contra o Real Madrid, xusto despois da parada de seleccións.

Os que teñen moi difícil chegar ao partido das Palmas son o extremo marfilés Jonathan Bamba e o centrocampista estadounidense Luca da Torre, que seguen realizando traballo individual, o primeiro por mor dunhas molestias no xeonllo e o segundo por unha escordadura de nocello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos