Publicador de contidos

Publicador de contidos

Riki: "Son un futbolista que non gaño partidos, veño axudar”

Riki: "Son un futbolista que non gaño partidos, veño axudar”

Recoñeceu durante a súa presentación como novo futbolista do Deportivo que a súa saída do Albacete non foi a mellor para el

G24.gal 04/02/2026 14:32 Última actualización 04/02/2026 14:37

O centrocampista Riki Rodríguez recoñeceu este mércores, durante a súa presentación como novo futbolista do Deportivo, que a súa saída do Albacete non foi a mellor para el.

Foron días un pouco complicados, de moito estrés e tensión. Levaba tempo alí, pero tiña claro que quería estar aquí. Non foi a saída que me gustaría de alí porque lles teño moito agarimo. Pero isto é fútbol, son decisións que hai que tomar”, manifestou en conferencia de prensa.

Neste sentido, apuntou que sempre foi “sincero” co seu anterior club, ao que o pasado verán xa lle trasladou a súa “intención de non renovar” porque o seu desexo era asinar co Dépor.

“O que máis me gustaba e atraía era isto. Eu teño a conciencia tranquila porque fun honesto, aínda que non me gustou como se deu a saída. Pero son un futbolista que non gaño partidos, veño axudar”, indicou.

Riki dixo que o calendario é “moi caprichoso” porque o seu debut coa camiseta branquiazul pode producirse ante  o seu exequipo e deulle “un pouco de rabia” non disputar a eliminatoria de Copa do Rei contra o Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade