Publicador de contidos

Publicador de contidos

Riki: "Sentímonos moi fortes e chegamos en bo momento a este tramo final de liga"

Riki: "Sentímonos moi fortes e chegamos en bo momento a este tramo final de liga"

O Deportivo xogará o luns co Mirandés, coa vantaxe de coñecer os resultados dos seus rivais.

G24.gal 16/04/2026 13:38 Última actualización 16/04/2026 13:50

O Deportivo chega en forma neste final de tempada. O conxunto dirixido por Antonio Hidalgo encadea seis encontros consecutivos sen perder e parece atopar o seu selo.

Iso mesmo recoñeceu Riki Rodríguez en rolda de prensa, onde asegurou que o equipo "atopou ese punto onde é sólido e á vez capaz de xogar cara adiante".

Co foco posto unicamente no próximo adestramento antes de recibir ao Mirandés, o centrocampista ovetense falou de como chega o equipo a un tramo final de máxima igualdade.

"Con tranquilidade, preparando o partido do luns sabendo que temos tempo suficiente para iso. Recuperando a xente que leva máis carga de traballo para que chegue mellor a este tramo final. Con ganas de que chegue este partido. Vai ser difícil". 

O Deportivo xogará o luns, coa vantaxe de coñecer os resultados dos seus rivais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade