Maroto gaña as primarias do PSOE en Madrid e repite como candidata á alcaldía
A aportavoz socialista no concello xa concorrera como cabeza de lista nos anteriores comicios
Reyes Maroto impúxose con 1045 votos a Enma López, que obtivo 841
Maroto atende a prensa despois de votar. EFE/Borja Sánchez Trillo
A portavoz do PSOE no concello de Madrid, Reyes Maroto, gañou este domingo as primarias socialistas para elixir a candidata á alcaldía da capital e volverá encabezar a lista do partido nas eleccións municipais de 2027.
Maroto impúxose con 1045 votos á portavoz adxunta do Grupo Socialista, Enma López, que obtivo 841, segundo os datos facilitados polos socialistas madrileños.
A exministra de Industria, considerada a aspirante apoiada pola dirección federal do partido, revalida así a candidatura tras impoñerse a López, que concorreu ás primarias cun discurso de renovación do proxecto socialista en Madrid.