Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reyes Maroto compromete os investimentos necesarios para reiniciar Alcoa canto antes

Reyes Maroto compromete os investimentos necesarios para reiniciar Alcoa canto antes

Constituída unha comisión de seguimento para vixiar o cumprimento do acordo 

As cubas deixarán de funcionar o 1 de xaneiro, durante dous anos 

G24.gal 30/12/2021 10:12

A ministra de Industria, Reyes Maroto, dixo que non está satisfeita coa solución final para a planta de Alcoa en San Cibrao, que rematou coa paralización das cubas durante dous anos a partir deste sábado, 1 de xaneiro.

"O máis complicado da negociación foi a actitude de Alcoa de non formar parte da solución"

A ministra comprometeuse a poñer á disposición os investimentos públicos necesarios para acelerar a volta á actividade da planta canto antes polo ben da Mariña.

Maroto esixiulle á Xunta un plan de industrialización para a bisbarra lucense ante a situación actual dos traballadores de Alcoa e da fábrica de Vestas.

Por todo isto, Reyes Maroto considera un éxito a constitución dunha comisión de seguimento, hoxe mesmo e só un día despois do acordo ca dirección de Alcoa, desde a que o ministerio velará polo cumprimento do pactado, día a día, xunto aos traballadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade