Cargando resultados...
Rexistrado un sismo de magnitude 3,1 con epicentro en Trasmiras
O pequeno terremoto produciuse ás 11:43 horas a 8 quilómetros da superficie no sur da provincia

G24.gal
19/02/2025 15:50
O municipio ourensán de Trasmiras foi o epicentro dun sismo rexistrado na mañá deste mércores de magnitude 3,1.
Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o pequeno terremoto produciuse ás 11:43 horas a 8 quilómetros da superficie no sur da provincia de Ourense.
En todo caso, o 112 non recibiu ningunha chamada para alertar de problemas relacionados co ocorrido, segundo comunicou o CIAE 112 Galicia.