Que medidas de seguridade se aplican nos rochos?
A norma esixe ventilación, tamaño e seguridade, mentres se dan usos irregulares
Con vivendas cada vez máis pequenas, os rochos convertéronse nunha alternativa para gardar pertenzas. Tras a traxedia de Manlleu, a súa seguridade volve ao debate.
Juan Manuel Suárez, propietario de Trasteros As Burgas, alegou que cada comunidade autónoma ten a súa propia normativa porque se trata dunha actividade nova; de feito, en moitos concellos non saben cal normativa aplicar. Segundo explicou, no seu caso, as paredes deben aguantar unha carga de lume de 45 minutos, contar con ventilación forzada e, ademais dos extintores básicos, instalaron Bocas de Incendio Equipadas con auga, que resultan máis custosas pero tamén máis efectivas.
As empresas de alugueiro vixían o acceso aos rochos e só permiten a entrada aos seus clientes, lembrando que só se poden gardar determinados obxectos.
Todo é de sentido común e destacou que non se poden almacenar materiais inflamables, produtos perecedoiros, materiais orgánicos, plantas, explosivos, drogas nin obxectos de grande valor, argumentaba o propietario dos rochos.
A demanda dos rochos segue a crecer entre particulares e empresas, e tamén aumentan as consultas sobre usos prohibidos pola normativa, como durmir neles.
Juan Manuel Suárez, explicou que xa se lles deu o caso de ter que expulsar persoas que estaban pernoitando dentro dos rochos, algo que está explicitamente prohibido, e que tamén reciben consultas de xente que quere saber se pode facelo.
Na cidade de Ourense hai máis de 400 rochos en alugueiro, e están ocupados en máis do 90 %.