Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retiran o corpo do home atopado morto no interior da súa vivenda de Oleiros

Retiran o corpo do home atopado morto no interior da súa vivenda de Oleiros

Á falta dos resultados da autopsia, todo apunta a unha morte natural

A acumulación de lixo impediu o levantamento do cadáver nun primeiro momento

G24.gal 14/01/2026 14:42

Contra as dez e media da mañá procedeuse ao levantamento do cadáver. Os servizos funerarios foron os encargados de trasladalo a un centro hospitalario.

"Por fin rematou o pesadelo. O cadáver que descanse en paz e agora a esperar a que limpen toda o lixo e que desinfecten", comenta unha veciña.

O finado é un home de 77 anos de idade, vivía só e podería padecer síndrome de Dióxenes. A veciñanza levaba sen velo arredor de medio mes. E só se relacionaba cunha veciña mediante notas que lle metía por debaixo da porta. A última, este luns.

"Non se relacionaba con ninguén, só cunha veciña a través de notas que lle mandaba por debaixo da porta".

"O cheiro era insoportable. Houbo xente que marchou durmir a outro sitio".

Contra as nove desta mañá, operarios de limpeza achegáronse á vivenda para proceder á retirada de lixo e obxectos co fin de permitir a entrada da médica forense, xa que onte lle foi imposible.

"Onte a forense non se negou a facer o seu traballo. A culpa foi do Concello, que dixo que non tiña persoal para mandar limpar ata hoxe".

Polo momento non se lle realizou a autopsia, porén a Garda Civil indica que a causa da morte foi probablemente natural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade