Publicador de contidos

Publicador de contidos

Collen un buque vertendo hidrocarburo ao mar na zona de Fisterra

Collen un buque vertendo hidrocarburo ao mar na zona de Fisterra

 O barco, con bandeira de Malta, está agora retido en Tarragona

A mancha estendeuse por unha superficie de máis de 12 km²

G24.gal 21/02/2023 18:32 Última actualización 21/02/2023 18:50

A Capitanía Marítima de Tarragona ordenou a retención do buque Lagertha, con bandeira de Malta, e abriulle un expediente sancionador por unha descarga ilícita de hidrocarburos en Fisterra.

O suceso detectouse na zona do dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra o pasado día 11, cando o avión de Salvamento Marítimo realizaba un control rutineiro.

A mancha estendeuse sobre unha superficie de 12,7 quilómetros cadrados e tamén foi visualizada polo radar do satélite de EMSA, a Axencia Europea de Seguridade Marítima.

A detención do barco produciuse en Tarragona, o primeiro porto español en que atracou o buque tras levar a cabo a descarga ilícita, e manterase ata que os seus propietarios aboen unha fianza de 100.000 euros, o capitán presente a documentación requirida e designe un domicilio en España.

Xa en 2021 se colleu outro buque realizando unha descarga ilícita de hidrocarburos a 147 millas da Palma. Daquela, a sanción foi de 550.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade