Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reteñen un buque en Chapela por levar 20 persoas de máis e en condicións insalubres

Reteñen un buque en Chapela por levar 20 persoas de máis e en condicións insalubres

O barco chegou á ría de Vigo o día 26 de setembro

Atópase nunha listaxe de inspección prioritaria

Imaxe do 'Cool girl' en VesselFinder
G24.gal 03/10/2022 18:04 Última actualización 03/10/2022 20:20

O buque mercante Cool Girl permanece retido no peirao de Chapela (Redondela), por transportar unha vintena de persoas de nacionalidade indonesia que non formaban parte da tripulación.

Foi o que descubriu o equipo da Capitanía Marítima encargado dos controis do París-MOU.

Un barco baixo sospeita

O barco chegou á ría de Vigo o pasado 26 de setembro e a súa inspección non é casual.

Esta embarcación atópase nunha listaxe de buques prioritarios para a inspección no convenio París-MOU.

Isto quere dicir que, atraque no porto que atraque, as autoridades someterano a unha inspección.

Nesta listaxe adoitan estar barcos que transportan persoas de xeito irregular, non reúnen as condicións técnicas ou de salubridade esixibles ou tiveron algún problema previo de seguridade.

Condicións insalubres

Polo que se sabe, este grupo de persoas embarcou nas Illas Malvinas.

Porén, ningunha está rexistrada na dotación oficial de tripulantes do Cool Girl, o cal constitúe unha infracción grave.

Estes pasaxeiros viaxaban en condicións insalubres: todos confinados nun mesmo lugar, durmindo en colchóns polo chan sucio.

Segundo fontes da investigación consultadas por Televisión de Galicia, o capitán do barco alega que estas persoas non forman parte da tripulación senón que son viaxeiros. Lembra que a lei internacional permite a este tipo de buques levar doce viaxeiros a bordo. E que, nalgúns casos, con autorización expresa do país de bandeira do barco, poden levar máis viaxeiros. 

Precisamente, a armadora asegura que ten o permiso das autoridades panameñas para transportar estas vinte persoas. As autoridades españolas denegaron a saída do porto deste barco mentres tratan de confirmar se é certo que existe esta autorización. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar