Publicador de contidos

Publicador de contidos

Resolto o caso dun empresario desaparecido en 2019

Resolto o caso dun empresario desaparecido en 2019

Os seus restos apareceron nun pozo de Cidade Real

A Garda Civil vincula este crime coa morte doutro empresario A Garda Civil vincula este crime coa morte doutro empresario
G24.gal 08/06/2023 08:29

A Garda Civil dá por esclarecido o caso do empresario Jesús González Borrajo, desaparecido en 2019. Os seus restos óseos foron achados neste pozo de Manzanares, en Cidade Real, a 45 metros de profundidade. O empresario acudira a esta localidade para vender dous coches de luxo.

Os investigadores cren que detrás da súa morte está un tratante de parcelas que actuou de intermediario. Este home está en prisión desde marzo canda outro cómplice pola súa presunta implicación no homicidio doutro empresario, que tamén aparecera nun pozo. Este cómplice foi quen confesou o crime de González Borrajo e conduciu a Garda Civil a esta parcela de Manzanares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade